Hola moi boas a todos, hoxe veñovos a falar do inicio
da tempada de moto GP no ano
2017/2018, o inicio da tempada comezou no Gran Premio
de Qatar, non houbo unhas condicións climatolóxicas moi axeitadas para por en
proba as motos deste ano que como poidemos observar ao longo de toda a
pre-tempada apareceron novas melloras
aerodinámicas que lle confiren a moto unha maior
velocidade punto, xunto estas melloras tamen temos que destacar o uso dunha
electrónica mais equitativa co resto de marcas o que nos fai disfrutar dunha
maior competividade entre todos os corredores.
- O noso piloto español Maverick Viñales deu un
recital de boa conducción, amosou unha madura competividade co resto de pilotos
que lle sacan non so en idade senon en experiencia nesta categoría.
-A chuvia, atrasos, incerteza provocou
unha carreira acurtada a 20 voltas foron os ingredientes dunha noite que
tardará en ser esquecida polos pilotos da categoría reina. MotoGP está de
volta para disputar a tempada 2017, e Maverick Viñales (Movistar Yamaha
MotoGP) retivo os titulares que ocupou durante a pretemporada tras conseguir
a súa primeira vitoria como piloto oficial de Yamaha. Non foi fácil. Andrea
Dovizioso (Ducati Team) disputoulle o triunfo nun espectacular duelo sobre o
asfalto de Losail. Impúxose o español, e o italiano conseguiu, por terceiro
ano consecutivo, un segundo posto en Qatar. Valentino Rossi (Movistar Yamaha
MotoGP) completou o podio tras remontar desde a décima posición da parrilla.
|
|