luns, 27 de marzo de 2017

Tempada 2017/2018



Hola moi boas a todos, hoxe veñovos a falar do inicio da tempada de moto GP no ano
2017/2018, o inicio da tempada comezou no Gran Premio de Qatar, non houbo unhas condicións climatolóxicas moi axeitadas para por en proba as motos deste ano que como poidemos observar ao longo de toda a pre-tempada apareceron novas melloras
aerodinámicas que lle confiren a moto unha maior velocidade punto, xunto estas melloras tamen temos que destacar o uso dunha electrónica mais equitativa co resto de marcas o que nos fai disfrutar dunha maior competividade  entre todos os corredores.

- O noso piloto español Maverick Viñales deu un recital de boa conducción, amosou unha madura competividade co resto de pilotos que lle sacan non so en idade senon en experiencia nesta categoría.  

-A chuvia, atrasos, incerteza provocou unha carreira acurtada a 20 voltas foron os ingredientes dunha noite que tardará en ser esquecida polos pilotos da categoría reina. MotoGP está de volta para disputar a tempada 2017, e Maverick Viñales (Movistar Yamaha MotoGP) retivo os titulares que ocupou durante a pretemporada tras conseguir a súa primeira vitoria como piloto oficial de Yamaha. Non foi fácil. Andrea Dovizioso (Ducati Team) disputoulle o triunfo nun espectacular duelo sobre o asfalto de Losail. Impúxose o español, e o italiano conseguiu, por terceiro ano consecutivo, un segundo posto en Qatar. Valentino Rossi (Movistar Yamaha MotoGP) completou o podio tras remontar desde a décima posición da parrilla.

Resultado de imaxes para maverick viñales 2017 qatar